Ramón Gallego rematará a última parte do relatorio sobre as novas regras de xogo que iniciou no Stage Arbitral 2025; esta exposición será de máximo interese para o colectivo arbitral e para o colectivo de adestradores/as.
Ramón Gallego é recoñecido actualmente coma o mellor formador arbitral do mundo pola maioria do colectivo; exárbitro internacional, con dúas finais olímpicas ás suas costas e unha ampla e dilatada experiencia internacional, foi o máximo responsable mundial da xestión arbitral e actualmente colabora na formación de parellas referentes do balonmán mundial en países coma España, Francia, Xapón, etc…
Este xoves ás 20:00 horas, Ramón pechará a master class que iniciou no Stage Arbitral realizado hai unha semana en Galicia; esta última parte da sua exposición vai orientada ao colectivo arbitral galego pero tamén aos adestradores/as dos diferentes clubs de Galicia, xa que coñecer ben as regras é clave para sacar o máximo rendemento ao xogo.
Esta xornada de dúas horas de duración aproximadamente (dependendo do grao de interacción do alumnado) será gratuíta e de carácter online, exclusiva para o Balonmán Galego.
Se alguén ten algunha dúbida concreta sobre algunha normativa xa esposta no Stage, poderá transmitila á hora de realizar a inscrición para incluíla dentro dos temas a tratar.
A inscríción poderá realizarse dende o seguinte enlace:
https://balonmano.misquad.es/detalle_inscripcion_actividad.php?id_actividad=MTU%3D: XORNADA ONLINE SOBRE AS NOVAS REGLAS DE XOGO CON RAMÓN GALLEGO