Historia

A Federación Galega de Balonmáno constitúese no ano 1984 coa adecuación do deporte á realidade do Estado das Autonomías tra-la fusión e, consecuentemente, desaparición das catro Federacións provinciais. O seu presidente fundacional foi Juan J. Lorenzo Izquierdo (1984-85). En 1985 celébranse as primeiras eleccións a presidente, nas que resulta elexido Ramiro Losada Bastos, que revalida o su cargo en posteriores convocatorias (1988, 1992, 1994, 1998 e 2002). No ano 2006 José Luis Pérez Ouro (ex árbitro internacional) foi elixido presidente da Galega e permaneceu ao fronte da federación ata o ano 2018, no que tomou o relevo Bruno López Molina. A súa sede social radica en Vigo. Na década dos noventa o balonmán galego alcanza o seu maior punto de inflexión coa presencia de catro equipos na Liga Asobal: Teucro, Octavio, Cangas e Chapela. Academia Octavio e S.D. Teucro contan ademais co privilexio de ser os primeiros equipos galegos en tomar parte en competicións europeas. En 1989 Galicia foi o epicentro do balonmán mundial ó organizar o Campionato do Mundo Júnior. A selección da URSS, na que xogaba Talant Dushebaiev, alzouse co primeiro posto tras una apaixoante final contra España no Pavillón Municipal de Pontevedra. Nos últimos anos Galicia foi acollendo competicións nacionais de renome (Copa da Raíña 2013, 2016 e 2017), partidos internacionais tanto masculinos coma femininos e gozamos coa presenza das seleccións nacionais absolutas.  E no ano 2019, trinta anos despois, repetimos Mundial Júnior, con sede en Vigo e Pontevedra, nun novo reto organizativo para o balonmán galego.