¿HAS PERDIDO TUS DETALLES?

Federación Galega de Balonmán
Desarrollado por TOOOLS.

Saúda

Dende a Federación Galega de Balonmán temos claro que a nosa comunidade representa unha gran potencia balonmanística tanto en número de licenzas coma en calidade dos diferentes estamentos, pero estamos seguros de que nesta nova etapa a imaxe e promoción do Balonmán Galego vai adquirir unha relevancia aínda maior.

A Federación Galega de Balonmán pon en marcha un proxecto para fortalecer a súa identidade corporativa e consolidar unha estructura estable que garanta un incremento do número de practicantes nas catro provincias, poñendo especial atención a Lugo e Ourense onde crear núcleos de balonmán próximos aos clubs existentes convertese en algo prioritario, ao igual que na comarca de Ferrolterra, na Costa da Morte, no Barbanza, etc.

A formación de técnicos deportivos e a dignificación da súa titulación está dentro das metas da nova xunta directiva, ao igual que o incremento do plantel arbitral e a programación dunha escola de formación que se adapte aos diferentes niveis chegando a todos os estamentos e puntos de Galicia, debemos romper coas barreiras xeográficas.

A recuperación do deporte base nas escolas é vital para o futuro do balonmán galego, o conseguir que nos recreos haxa balóns de balonmán e nas clases de educación física se presente o noso deporte é fundamental para que os clubs gocen de boa saúde deportiva, para que os nenos e nenas se animen a desfrutar dun deporte de equipo moi atractivo e para que o público xeral perciba a forza do balonmán.

Co convencemento de que as nosas escolas e clubs están a traballar duramente para que o futuro do balonmán sexa mellor, debemos axudar a reforzar as súas estructuras e a aproveitar os seus recursos, na área de formación non nos esquenceremos de toda esa xente que día a día pelexa detrás do 40x20 para que o Balonmán Galego brile dun xeito que todas e todos poidamos gozalo ao máximo.

Por último, remato estas palabras de saúdo agradecendo o traballo a toda esa xente que formou parte das anteriores xuntas directivas desta federación, encabezadas polos seus presidentes: Ramiro Losada Bastos e Jose Luis Pérez Ouro.; así coma a Secretaría Xeral Para o Deporte que nos aporta un gran apoio ano a ano. Actualmente afrontamos o reto de mellorar o Balonmán Galego cun grupo de xente que atesoura moitas gañas e unha gran capacidade de traballo, cumplindo sempre as premisas de igualdade, transparencia e proactividade.

Bruno López Molina
Presidente FGBalonmán

SUBIR