Pódese consultar nos arquivos adxuntos o censo inicial de Xogadores, Técnicos, Árbitros e Clubs.
O 14 de setembro remata o prazo para:
– A presentación de aclaracións, rectificacións ou reclamacións aos censos.
A solicitude e presentación deberá realizarse mediante escrito remitido á Xunta directiva da Federación Galega de Balonmán, que valorará os escritos presentados procedendo, no seu caso, á emenda ou á corrección do censo electoral inicial.