
O PROGRAMA DE DETECCIÓN Y DESARROLLO DE TALENTOS DE BALONMANO (PDDTB) da Federación Galega de Balonmán, é un plan de tecnificación que ten coma obxectivo principal a formación integral dun grupo de xogadores e xogadoras que por diferentes condicións, poden ser susceptibles de formar parte das Seleccións Galegas; ben nos próximos Campionatos de España de Selecciones Autonómicas (CESA), ou ben, en calquera das diferentes actividades nas que poidan participar os combinados galegos.
A mellora dos/as deportistas en idades tan temperás, promoverase a través do desenvolvemento psíquico, do traballo técnico, táctico e físico. A Federación Galega de Balonmán busca mediante este proxecto, detectar e potenciar o talento dende a categoría alevín, complementando a formación que se imparte dende os clubs e creando deportistas que aporten unha base sólida para as futuras categorías, reforzando e axudando tamén a incrementar o nivel do Balonmán Galego.
A Federación Galega de Balonmán conta con máis de vinte observadores/as ao longo da xeografía galega, que seguen as competicións e manteñen contacto cos diferentes clubs para controlar e valorar aos xogadores e xogadoras que poden reunir os requisitos para entrar a formar parte deste program e poder traballar durante todo o ano.
Neste Programa colabora a Xunta de Galicia e a empresa Ence a través do seu Plan Social.
#PlanSocialEnce
EQUIPO DE TRABALLO PDDTB






