Hoxe vivimos un día moi emotivo na sede da Federación Galega de Balonmán. A nosa compañeira Mariluz Sanromán xubilase despois de 44 anos traballando a prol do balonmán galego.
Por iso, representantes de diferentes estamentos da federación quixemos homenaxeala e amosarlle todo o noso cariño. Houbo risas, bágoas de emoción e moitas anécdotas nun acto que non esqueceremos ninguén da nosa federación.
Todo o balonmán galego dache as grazas pola túa adicación, empatía, esforzo … Durante toda a túa vida.
Querémoste Mariluz! 💙💙
Debes ser identificado introducir un comentario.