O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, ofreceu no día de hoxe unha recepción aos clubs galegos Frigoríficos do Morrazo BM Cangas e Mecalia Atlético Guardés, pola súa clasificación para a fase final da Copa do Rei e da Raíña, respectivamente.
A recepción coincidiu co día da Muller, e o secretario xeral para o Deporte destacou que «sodes o espello no que se miran moitísimos nenos e nenas da Guarda». Ao acto acudiu a plantilla ao completo, xunto co corpo técnico e o xerente do club José Manuel Silva. Lete tamén tivo palabras de cariño para José Ignacio Prades que, despois de seis anos, abandona o club galego para dirixir á selección española.
Pola súa banda, o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López, afirmou que «se hai un equipo que represente a igualdade é o Guardés».
Frigoríficos do Morrazo BM Cangas.
E despois, chegou o momento do Frigoríficos do Morrazo BM Cangas, que ven de coñecer o sorteo da fase final da Copa do Rei, que se celebrará en Antequera do 25 ao 27 de marzo. Nos cuartos de final, o BM Cangas enfrontarase ao Abanca Ademar León.
No acto estiveron presentes o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa; a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández Tapias; o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López; a plantilla ao completo acompañado polo corpo técnico e membros da directiva do club do Morrazo.
A Xunta de Galicia quiso recoñecer a magnífica tempada realizada por outro dos estandartes do balonmán galego, que ademais conseguiu meterse entre os oito mellores equipos da Copa. Pola súa banda, o presidente Bruno López destacou o gran traballo do club na súa base e como iso se ve reflectido no primeiro equipo, e incluso en convocatorias da selección española.
Debes ser identificado introducir un comentario.