GALICIA ENTRE AS POSIBLES SEDES PARA O MUNDIAL ABSOLUTO FEMININO 2029

A IHF ven de comunicar, no Congreso celebrado en Créteil (Francia), que españa será sede do Campionato do Mundo Feminino 2029, que se celebrará no mes de decembro.

Un gran noticia para o balonmán español que tamén albergará o Europeo Masculino de 2028 xunto con Portugal e Suíza; e por suposto para o balonmán galego, xa que Galicia opta firmemente a unha das sedes, xunto con Valencia, Málaga e Irún.

A candidatura foi presentada da man do presidente da Real Federación Española de Balonmano, Francisco V. Blázquez; acompañado polo presidente do Comité Olímpico Español, Alejandro Blanco; a deputada de deportes da Diputación Foral de Guipúzcoa, Goiane Álvarez, Cristina Laborda, alcaldesa de Irún e Gurutz Aguinagalde, presidente do Bidasoa Irún.

A Federación Galega de Balonmán xunto e a Real Federación Española de Balonmano, estase a traballar conxuntamente para que Galicia sexa unha das sedes deste mundial; Bruno López, presidente da Federación Galega comentou: » estamos a barallar diferentes posibilidades, pero temos claro que o balonmán galego non poder quedar fóra dun evento destas características, imos facer todo o posible para que Galicia albergue unha das sedes».

Nos vindeiros meses irase aumentando a información ao respecto, pero unha vez máis, o balonmán nacional e o balonmán galego tratarán de organizar un evento de primeiro nivel na nosa comunidade.

Fotos cedidas por Fédération Française de Handball.