Os novos corpos técnicos das selección galegas infantil, cadete e xuvenil (masculina e feminina) xa están a traballar. No horizonte temos o Campionato de España de Seleccións Territoriais, que se celebrará a comezos de 2020 en Cantabria.
Na composición dos equipos técnicos intentouse chegar a maior cantidade posible de clubs e facer uns grupos de traballo variados, involucrados e de futuro, con Elena Estévez ao fronte de todo o organigrama como directora técnica. En total, nos corpos técnicos das diferentes seleccións haberá representantes de 12 clubs galegos, tratando desta forma acadar unha representación de todo o balonmán galego.
Na categoría xuvenil masculina o seleccionador será Fernando Vázquez (BM Xiria), que terá como segundo a Jorge Villamarín (Club Cisne) e de delegado a Iago Garrido, do ED Poio.
Carla Abad (BM Cañiza) será a seleccionadora xuvenil femenina, con Verónica Posada da SAR como axudante e María Montero (BM Cañiza) de delegada.
Na selección galega cadete masculina o corpo técnico quedou formado por César Armán, do Atlético Novás, como seleccionador; Pascual Bartolomé (Arteixo Balonmán) será o seu segundo e Brais Caneiro (BM Narón), o delegado.
En cadete feminino Adrián Pumar (BM Cangas) foi elixido como máximo responsable e traballará xunto a Daniela Savic (Atlético Guardés), que será a súa axudante, e Yolanda Correa (Seis do Nadal), que actuará como delegada.
E nos quedan as seleccións infantís. Na masculina, Adrián Menduiña (BM Cangas) será o seleccionador e ao seu carón estarán Carlos Rodríguez (Atlético Novás), como segundo e Ángel Rodríguez (BM Luceros), de delegado. E por último, na selección infantil femenina, o cargo de seleccionadora recaeu en Ana Alonso (BM Porriño), que contará con Fabio Lima (Atlético Guardés) como segundo e Jesús Veiga (BM Cañiza) como delegado.
Os corpos técnicos xa están traballando, visionando vídeos e seguindo a xogadores e xogadoras e nos vindeiros días comezarán os adestramentos e concentracións para prepararse para a disputa do Campionato de España.
Your point of view caught my eye and was very interesting. Thanks. I have a question for you.