ASÍ SON OS GRUPOS DAS SELECCIÓNS GALEGAS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA CANTABRIA 2020

Xa coñecemos como quedaron configurados os grupos no Campionato de España de Seleccións Territoriais Cantabria 2020 y cales serán os rivais de Galicia nas diferentes categorías. Aínda é pronto para facer un análise en profundidade do sorteo (as seleccións están sen pechar), pero estas son as opinión dos nosos seleccionadores sobre o sorteo.

Infantil feminina

O Grupo A quedou formado por Comunidade Valenciana, Madrid, Cataluña e Galicia, un grupo a priori, moi complicado. A seleccionadora galega Ana Alonso falounos da complexidade do sorteo: É un grupo moi competitivo. Con dúas das seleccións, Comunidade Valenciana e Madrid, coincidimos en Cangas del Narcea e xa mostraron o seu potencial, sendo esta última a campioa do torneo. E completando o grupo, Cataluña, que, aínda que é o primeiro ano desta xeración, a priori é unha das favoritas para alzarse co título”. Pero que ninguén pensé que Galicia baixa os brazos. A seleccionadora xa non anunciou que “as  miniguerreiras galaicas traballarán duro durante estes meses para alzarse coa desexada clasificación para cuartos de final”.

Infantil masculina

Galicia forma parte do grupo A, xunto a Asturias, Valencia e Aragón. O seleccionador Adrián Menduiña, cree que, a priori, “o sorteo foi algo favorable, xa que evitamos a potencias como Cataluña, Madrid ou Andalucía. Pero a pesar de todo, será un grupo igualado e cada partido que teñamos será unha final para conseguir o mellor posto posible no grupo e intentar meternos en cuartos de final”.

Cadete feminina

Galicia xunto con Andalucía, Euskadi e Castela e León, conforman o grupo B desta categoría. O seleccionador galego Adrián Pumar indicou que “a priori diría que é un grupo bastante igualado. Creo que somos catro seleccións de nivel similar e que a bo seguro os postos desta primeira fase decidiranse en resultados con diferenzas curtas”.

Pumar afirma que traballarán arreo para “chegar da mellor forma posible para pelexar os primeiros postos do grupo e poder acceder a uns cuartos, a priori, un pouco máis «tranquilos». Aínda que somos conscientes que estes tres primeiros partidos van ser moi duros”.

Cadete masculina

O grupo B está formado por Castela e León, Navarra, Cataluña e Galicia. En opinión do seleccionador César Armán, é un grupo complicado: “Non tivemos sorte xa que  Cataluña e  Castela e  León son equipos que adoitan pelexan polos postos de arriba e Navarra é unha selección que saca bos xogadores”. Pero tamén destaca a calidade do grupo co que está a traballar: “Considero que temos unha boa xeración que está a traballar duro para competir o mellor posible cada partido do CESA”.

Xuvenil feminina

Galicia forma parte do grupo A, xunto a Navarra, Asturias e Castela e León. A seleccionadora Carla Abad indicou que “non nos queixamos do resultado do sorteo, pero consideramos que é moi complicado facer unha valoración do grupo que nos tocou no CESA xa que as xogadoras cambian moito duns anos a outros”.  Dentro de moi pouco poderán saber máis: “No vindeiro Torneo do Salnes xa poderemos facer unha valoración mais obxectiva das nosas rivais porque dúas destas seleccións participarán no Campionato que organiza a FGBM na Ponte de Decembro”, concluiu Carla.

Xuvenil masculina

O grupo A estará formado por Galicia, Comunidade Valenciana, Andalucía e Madrid, outra combinación, a priori “complicada polo nivel que se lles presupone a ditos combinados”. Así nolo manifestou o seleccionador galego xuvenil masculino Fernando Vázquez: “A unha das seleccións  históricamente favoritas a facerse sempre con metal como é Madrid, únense outras de enorme prestixio como Andalucía e  Comunidade Valenciana, seleccións cun bo  palmarés e con grandes nomes do balonmán nacional en toda a súa historia”.

Xa no CESA 2019, tanto Madrid como Valencia conseguiron unha medalla, enfrontándose nos cuartos a Andalucía e Galicia, encontros que se decidiron por diferenzas curtas. Así, antes de comenzar, Vázquez pensa que “podemos dicir con seguridade que estamos ante catro selecciones que teñen potencial para superar aos seus rivais e que, case con certeza, ningunha poderá cantar vitoria antes da última xornada do grupo”.

103 Comments to “ ASÍ SON OS GRUPOS DAS SELECCIÓNS GALEGAS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA CANTABRIA 2020”

  1. Dentavim is a dietary supplement formulated to support oral health and improve dental hygiene. With increasing awareness of the importance of maintaining good oral health, Dentavim has emerged as a popular choice for individuals seeking to enhance their dental care regimen. This article provides a detailed overview of Dentavim, including its ingredients, benefits, potential side effects, and overall effectiveness.

Debes ser identificado introducir un comentario.