A FINAL 4 DE 1ª AUTONÓMICA, CITA DECISIVA POLA PRAZA PARA A FASE DE ASCENSO

O espectáculo do balonmán regresa esta fin de semana a A Guarda coa máxima categoría galega.

O Pavillón Municipal da Sangriña (A Guarda) acolle esta fin de semana unha nova e apaixonante Final 4, nesta ocasión da Primeira Autonómica, tanto en categoría feminina como masculina. O obxectivo? Conseguir a única praza restante para acceder á fase de ascenso para a 1ª Nacional Masculina e a División de Honra Prata Feminina

Os partidos arrancan o sábado 26 de abril cun intenso calendario de semifinais. 

A xornada abrirase co enfrontamento entre o Poio Artai e o Granitos Ibéricos Carballal (10:30h), seguido da segunda semifinal masculina entre a SAR Opmobility e o BM Línea21 Lignum Plus (12:30h). Pola tarde, será a quenda das semifinais femininas: Balonmán Samertolameu – Seguros M Vieito BM Xallas (14:30h) e o Mecalia Atlético Guardés – Cdec Lavadores Vigo (16:30h).

O domingo 27 de abril vivirase a resolución da Final 4 co partido polo terceiro e cuarto posto masculino (11:00h), seguido do terceiro e cuarto posto feminino (13:00h). As grandes finais terán lugar ás 16:30h (masculina) e ás 18:30h (feminina).

As entradas para gozar desta festa do balonmán xa están dispoñibles a través da plataforma Cluber (ligazón proporcionada polo club organizador):
Compra aquí a túa entrada

Durante a presentación desta Final 4 contamos coa presenza institucional de Roberto Álvarez, Alcalde do Concello da Guarda; Celso R. Fariñas e Isidro Lomba, Concelleiros de Deportes e de Infraestruturas, Vías e Obras; Jesús López, Presidente do Club Balonmán Atlético Guardés; e Elena Estévez, Responsable da Área Técnica Feminina da Federación Galega de Balonmán.

Cómpre lembrar que os equipos Distevi Seis do Nadal – Coia (1ª Autonómica Masculina) e Tapería Dos Chata BM Cangas (1ª Autonómica Feminina) xa contan coa súa praza para a fase de ascenso tras proclamarse campións de liga.

A emoción está servida nunha fin de semana que promete grandes partidos, entrega e moito balonmán.