Seguimos dando pasos para estar preparados para arrancar. Este domingo 13 de setembro celebraremos en Redondela (A Marisma) un stage arbitral, no que os nosos colexiados/as pasarán unhas probas médicas e físicas neste inicio de tempada.
A xornada estará marcada polas medidas sanitarias provocadas pola COVID-19. Así, os participantes estarán divididos en pequenos grupos para evitar que aglomeracións. No acceso, tomarase a temperatura as e aos árbitros, se lles entregará una botella de auga a cada un (individualizada co seu nome) e unha máscara. Posteriormente se lles realizará un recoñecemento médico a todos eles e a continuación faranse as probas físicas habituais neste stage de inicio de tempada.
A Federación Galega de Balonmán quere agradecer a colaboración do Concello de Redondela, que cedeu o pavillón da Marisma para a realización desta xornada de traballo.
Debes ser identificado introducir un comentario.