O balonmán galego está de celebración. Lorenzo Edjang, Lorena Bermúdez, Agustín Alejos, Juan López e José M. Barroso proclamáronse campións do mundo coa Selección Española de Balonmán en Cadeira de Rodas no Mundial celebrado en Granollers.
Cinco representantes galegos que forman xa parte da historia tras conquistar o título mundial e levar o nome de Galicia ao máis alto nunha competición internacional de máximo nivel.
Lorenzo Edjang, Lorena Bermúdez, Agustín Alejos, Juan López e José M. Barroso completaron unha participación histórica para o balonmán galego e contribuíron ao éxito dun combinado nacional que rematou a competición levantando o trofeo de campión do mundo.
Máis alá do resultado deportivo, este Mundial deixa tamén unha historia de esforzo, compañeirismo, superación e paixón polo balonmán que serve de exemplo para todo o noso deporte.
Desde a Federación Galega de Balonmán queremos felicitar os cinco representantes galegos por este enorme éxito e agradecerlles todo o que nos ensinaron ao longo da competición.
Lorenzo, Lorena, Agustín, Juan e José: grazas por levar o balonmán galego ao máis alto.
Parabéns, campións e campioa do mundo!



