A ASEMBLEA DA FEDERACIÓN APROBA UNS CALENDARIOS, QUE PODEN SER MODIFICADOS EN FUNCIÓN DA SITUACIÓN SANITARIA

No día de hoxe foron aprobados os calendarios para a tempada 20/21 pola asemblea xeral da Federación Galega de Balonmán. Serán unhas competicións “vivas”, xa que poderán ser modificadas dependendo da situación sanitaria na que nos atopemos.

Hoxe celebrouse a asemblea xeral extraordinaria da Federación Galega de Balonmán para decidir os calendarios das competicións galegas, que non serán os desexados por todos, pero si os posibles, xa que están condicionados polas datas marcadas pola Federación Española para os sectores nacionais. Así, a competición sénior comezará a fin de semana do 24 e 25 de outubro e as do resto de categorías na seguinte semana.

Que características especiais terá a competición desta atípica tempada? As competicións estarán divididas en catro fases, con pequenos grupos de 4 ou 6 equipos. Da clasificación de cada unha das fases, sairá a composición da segunda e así iremos avanzando. Hai que destacar que se aprobou o uso da máscara na competición, un descanso de 2 minutos na metade do cada período e a ampliación da franxa horaria para establecer os partidos de todas as categorías durante a fin de semana.

Como serán as máscaras? A Federación Galega proporá, nos vindeiros días, dous ou tres modelos de máscaras, xa que non todas serven. Dende hai semanas estase traballando con especialistas buscando ás máscaras máis adecuadas, en función do rendemento deportivo, a filtración bacteriana, o lavado e a comodidade das mesmas adaptadas ao noso deporte.

Por último, a asemblea aprobou o protocolo de prevención da COVID-19 e o presidente Bruno López insistiu na necesidade de que todos e cada un dos clubs e dos integrantes dos mesmos sexan responsables e cumpran as normas establecidas en beneficio de todas e todos.

A asemblea xeral extraordinaria da Federación Galega de Balonmán celebrouse hoxe, cunha gran asistencia, metade presencial, metade telemática. O balonmán galego amosou as súas gañas de volver as pistas, aínda que coa máxima seguridade e responsabilidade.

2 Comments to “ A ASEMBLEA DA FEDERACIÓN APROBA UNS CALENDARIOS, QUE PODEN SER MODIFICADOS EN FUNCIÓN DA SITUACIÓN SANITARIA”

  1. Your point of view caught my eye and was very interesting. Thanks. I have a question for you.

  2. Your point of view caught my eye and was very interesting. Thanks. I have a question for you. https://accounts.binance.info/register?ref=P9L9FQKY

Debes ser identificado introducir un comentario.