A FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN, DA MAN DA XUNTA, CONTRATA A MÁIS DE SESENTA MONITORES/AS PARA IMPULSAR A CONCILIACIÓN FAMILIAR

A Federación  Galega de Balonmán, da man da Xunta de Galicia e a través do Plan Corresponsables, contrata a máis de sesenta monitores/as de balonmán para impulsar a igualdade e a conciliación familiar, así como profesionalizar o sector e fomentar a práctica do balonmán en toda a comunidade.

Este proxecto púxose en marcha no mes de xuño e, nestes intres, a Federación Galega de Balonmán, ten funcionando cincuenta e oito monitores/as, cinco coordinadores/as, máis de duascentas actividades e máis de mil nenos e nenas achegándose ao balonmán.

O pasado 22 de xuño presentouse na Cidade da Cultura de Galicia o Plan Corresponsables, mediante o cal, a FGBm, en colaboración coa Secretaría Xeral Para o Deporte da Xunta de Galicia, e a Consellería de Fomento do Emprego e a Igualdade, contratou a máis de sesenta monitores/as. No acto de presentación estiveron presentes o vicepresidente da Xunta de Galicia, Diego Calvo; a conselleira de Emprego e Igualdade, Mª Jesús Lorenzana, e o presidente en funcións da Federación Galega de Balonmán, Bruno López.

Bruno López comentou: “este proxecto é algo que viñamos buscando dende o comezo do noso mandato, podemos dar solucións para a conciliación familiar, dar a posibilidade de que todos os nenos e nenas fagan deporte, sen excepcións; ao mesmo tempo podemos promocionar o balonmán e facer que os nosos monitores/as vexan una saída laboral. A Mariña Lucense, Lugo, Ourense, Santiago, etc…son zonas nas que estamos tratando de que o noso deporte teñan maior presenza gracias a este plan”.

Este proxecto nace coa intención de dar solucións á conciliación familiar, de achegar o deporte a todos os nenos e nenas de entre 4 e 16 anos, e de profesionalizar as estruturas dos clubs e das escolas deportivas.

A Federación  Galega de Balonmán, da man da Xunta de Galicia e a través do Plan Corresponsables, contrata a máis de sesenta monitores/as de balonmán para impulsar a igualdade e a conciliación familiar, así como profesionalizar o sector e fomentar a práctica do balonmán en toda a comunidade.

1 Comment to “ A FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN, DA MAN DA XUNTA, CONTRATA A MÁIS DE SESENTA MONITORES/AS PARA IMPULSAR A CONCILIACIÓN FAMILIAR”

  1. Your article helped me a lot, is there any more related content? Thanks!

Debes ser identificado introducir un comentario.