A FEDERACIÓN GALEGA E A EMPRESA GALEGA AMURA SPORT PRESENTAN O PROTOTIPO DE MÁSCARA DEPORTIVA PARA O BALONMÁN GALEGO

Despois de semanas de traballo con especialistas, para buscar a máscara técnica que mellor se adapte á práctica deportiva, a Federación Galega de Balonmán xa poder presentar a súa máscara oficial, realizada xunto á empresa galega Amura Sport.

Hoxe celebrouse a presentación desta máscara de competición, coa presenza do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa; o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López Molina; e a responsable de Amura Sport, María Regojo, ademais do xefe do Servizo de Deportes de Pontevedra, Daniel Benavides, e o vicepresidente da FGBm, Fernando Mosquera.

Foi un traballo contra o reloxo, no que a Federación contou cun gran aliado, a empresa galega Amura Sport que asumiu o reto coa máxima profesionalidade e a mesma ilusión que o balonmán galego. “Estamos moi contentos co resultado, despois de moito traballo por ambas partes, acadouse un modelo ergonómico, cun alto grao de filtración bacteriana, lixeiro e cun sistema de suxeición adaptado ás necesidades do balonmán. Ademais está a provocar boas sensacións na práctica deportiva. de todos os xeitos, trátase da versión 1.0 e tanto Amura coma a FGBm xa teñen grandes avances para a 2.0; a profesionalidade e a capacidade para resolver todas as cuestións que plantexamos por parte de Amura Sport foi clave para acadar un resultado satisfactorio”, manifestou o presidente Bruno López.

Pola súa banda, a representante de Amura, María Regojo, destacou que “a filosofía da nosa empresa e traballar da man co deportista para poder conseguir o produto desexado. As cousas saen ben cando se axuntan forzas e nesta ocasión a Federación e Amura traballaron conxuntamente para acadar o mellor modelo de máscara para os deportistas da Federación Galega”.

O secretario xeral para o Deporte José Ramón Lete  destacou que “cada vez son máis os datos de científicos e expertos que avalan que coa máscara non descende o rendemento e que é a única forma segura de facer deporte. Desgraciadamente, no balonmán, estamos a ver numerosos casos de coronavirus pero non dubidamos que coa nova máscara de Amura, cunha excelente ergonomía, un alto grao de filtración bacteriana, lixeira e cun sistema de suxeición adaptado ás necesidades do balonmán, os nosos deportistas estarán máis seguros e polo tanto, toda a poboación estará máis protexida”.

A máscara

Esta máscara foi sometida a estudos de rendemento deportivo a diferentes intensidades (baixa, media e alta), sen amosar diferenzas substanciais nos índices de saturación de parcial de osíxeno ou de frecuencia cardíaca. O xefe dos servizos médicos e vicepresidente da Federación Galega de Balonmán, Fernando Mosquera seguiu de preto os avances e certificacións deste modelo. A máscara da FGBm ten una filtración bacteriana superior ao 90% e un índice de respirabilidade do 13Pa/cm2.

Con respecto ao seu uso, ten unha vida útil recomendada de 20 lavados (con deterxente normal a un máximo de 60 grados, na lavadora), aínda que a Federación afondará neste tema e noutros moitos relacionados cun correcto uso da máscara no curso do protocolo FISICOVID-DXT Galego que se celebrará a partires do sábado. Con respecto ao deseño, leva o logo da Federación Galega e o hashtag “Balonmangalego” e haina en diferentes cores. Nas vindeiras semanas sairán novos modelos que permitirán facer unha pequena homenaxe aos clubs e de seguro sorprenderán a moitos e moitas.

A Federación Galega de Balonmán, tal e coma informou na pasada asemblea do 26 de setembro, investirá o 100% dos dereitos de participación da presente campaña na financiación de máscaras a repartir entre os diferentes clubs, coa finalidade de que ningún neno/a deixe de practicar balonmán pola imposibilidade de adquirilas.

Dende hoxe mesmo, os clubs xa poderán comezar a facer os seus pedidos a través da tenda online na páxina web da Federación Galega de Balonmán.

2 Comments to “ A FEDERACIÓN GALEGA E A EMPRESA GALEGA AMURA SPORT PRESENTAN O PROTOTIPO DE MÁSCARA DEPORTIVA PARA O BALONMÁN GALEGO”

  1. Yolanda dice:

    Nos pueden Informar dónde podemos encontrar estás mascarillas. Mis hijos juegan al balonmano y me gustaría localizarlas

  2. FGBalonmán dice:

    Buenas tardes Yolanda,

    Le dejo el enlace de la empresa que las comercializa. https://amurasport.com/tienda/78-federacion-gallega-de-balonmano
    Un saludo!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *