A GALEGA ALICIA FERNÁNDEZ E A XOGADORA DO GUARDÉS CARMEN CAMPOS, COAS GUERREIRAS

A galega Alicia Fernández (HCM Ramnicu Valcea) e a central do Mecalia Atlético Guardés Carmen Campos forman parte da convocatoria das Guerreiras, que xa están concentradas en Almería para preparar os dous primeiros partidos de clasificación para o Campionato de Europa 2020.

No primeiro encontro España enfrontarase a Grecia en Almería o 26 de setembro (20:30 horas), mentres que a segunda xornada será en Austria o 29 de setembro.

O seleccionador nacional, Carlos Viver, mantén o bloque utilizado nas últimas citas, coa incorporación de última hora da madrileña Carmen Campos.

Nesta ligazón tedes a convocatoria.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *