A SELECCIÓN GALEGA INFANTIL MASCULINA ENFRONTARASE A ANDALUCÍA NA SEMIFINAL DO CESA

A selección galega infantil masculina acadou o pase para as semifinais do Campionato de España de Seleccións Territoriais de Murcia. Hoxe Galicia superou a Madrid (29:23) e mañá enfrontarase a Andalucía, un dos claros favoritos. Pola súa banda, a selección galega xuvenil feminina non puido con Euskadi nos cuartos de final e loitará pola quinta posición do CESA.

Infantil masculina. Galicia, 29:23, Madrid

29. Galicia: Rubén Costas, Xoel Rodríguez, Adrián Nogueira (1), Xoel Lago (1), Xoel Malfaz (2), Marcos Varela (3), Iago Castro (2), Mateo Martínez (1), Pablo Pazos (3), Roque Díaz, Roque Estévez (10), Jorge Outón, Jaime Serrano (1), Mateo López, Nicolás Cancela (5), Borja García.

23. Madrid: Alejandro Rodríguez Raúl Martínez (3), Alejandro Amoedo (4), Marcos García (2), Sergio Palomo (1), Marcos Terrén (1),  Álvaro Ortiz (3), David Vázquez(2), Christian Marinescu (2), Jorge Gómez de Santiago (1), Alejandro Solanilla, Sergio Muñoz (1), Miguel Arevalo, Leonardo Gaitelli (1), Lucas González, Jorge Guillermo Almendros (2).

Árbitras: Paula Ramos e Gabriela Marinela, que excluíron dous minutos a Xoel Lago, Marcos Varela, Iago Castro, Mateo Martínez e Nicolás Cancela, por Galicia e aos xogadores de Madrid Christian Marinescu, Jorge Gómez e Leonardo Gaitelli.

Parciais: 2-2, 5-3, 9-5, 12-7, 17-8 (descanso), 19-12, 19-14, 23-17, 25-20, 29-23 (final)

Incidencias: Cuartos de final do Campionato de España de Seleccións Territoriais categoría Infantil Masculina.

A selección galega infantil masculina xa está nas semifinais do CESA despois de superar hoxe con claridade a Madrid. Foi, unha vez máis, un gran partido dos rapaces de Adrián Menduiña, que só pasaron apuros nalgún momento da segunda metade, pero sen que a vitoria correse perigo.

A primeira metade foi case perfecta. Despois dun inicio máis axustado, no que Galicia sufriu una dobre exclusión, o combinado galego comezou a ir abrindo distancias e facíao xogando a pracer fronte a unha selección madrileña desbordada. Os minigalaicos, que non podía contar con Mateo lesionado onte, brillaban en anticipación en defensa, o que se convertía en rápidos goles á contra, pero tamén no seu ataque, no que ten multitude de variantes para sorprender, tanto con penetracións, xogo cos extremos, co pivote… E todas saen ben. Así, ao descanso a distancia no marcador era absolutamente demoledora (17-9).

No reinicio, Galicia quería seguir xogando como sabe, pero Madrid tiña que intentar algo para sorprender e optou por unha defensa presionante en todo o campo, que en algúns momentos na fase de grupos incomodou a Galicia. E iso foi o que pasou. Madrid acadou un parcial de 2-5 nos primeiros 7 minutos da segunda metade e Galicia non atopaba o seu sitio en ataque, con varias perdas de balón moi rápidas (19-14) e erros nos lanzamentos. Así Menduiña pediu tempo morto para buscar solucións. Nestes minutos a selección galega sufriu, pero iso non se veu reflectido no marcador, xa que Madrid nunca logrou reducir a distancia a menos de cinco tantos, xa que cando o equipo o necesitou aí estivo Rubén en portería para sacar uns balóns providenciais que frearon a Madrid e tranquilizaron aos seus compañeiros.

Desta forma, puideron vivir un final de partido tranquilo para celebrar o pase as semifinais do CESA. Agora a pensar en Andalucía (primeira clasificada do grupo A) e a tratar de sorprender coa frescura e descaro amosado ata agora.

Mañá, semifinais: Andalucía-Galicia (10:30 horas)

Xuvenil feminina.  Euskadi 35:27 Galicia

35. Euskadi: June, Nora, Haizea García, Eider Elorza (1), Udane Macazaga (3), Leire Treviño, Laida Zaballa (3), Maialen Orbañanos (2), Miren Gárate (7), Eider Castro, Haizea Viguera, Verónica Casanova, Paula Molano (7), Egazi Manterola (8), Eider Tapia (4), June Amilibia.

27. Galicia: Lara García, Carla Vidal, Nerea Arias, Lucía Méndez (4), Lorena Vaello (4), Alba Afonso (5), Ángela Vilaboa (1), Eva Rodríguez, Lucía Álvarez (7), Mara González, Aroa Fernández, Noelia Solla (5), Mencía Lorenzo, Carla Baltasar, Yaiza Alonso (1), Tania Gómez.

Árbitros: Beatriz del Valle e Patricia del Valle. Excluíron dous minutos a Leire Treviño (2), Paula Molano e Eider Tapia (2), por Euskadi e ás galegas Lucía Álvarez, Noelia Solla  e Yaiza Alonso.

Parciais: 2-3, 6-8, 9-9, 11-9, 12-11, 16-13 (descanso), 18-15, 20-16, 23-19, 25-22, 30-23, 35-27 (final)

Incidencias: Cuartos de final do Campionato de España Xuvenil Feminino.

A selección galega xuvenil feminina non puido con Euskadi nos cuartos de final e terá que loitar pola quinta posición do CESA. Galicia foi de máis a menos, nun partido no que se foi diluíndo en defensa.

E iso que Galicia comezou moi ben a primeira metade, cunha gran intensidade defensiva e descaro en ataque o que lle permitiu poñerse por diante no marcador  (7-9, min. 11). E chegou o apagamento en ataque. A porteira June fixo tres paradas consecutivas, Galicia perdeu un par de balóns e o marcador cambiou radicalmente cun parcial de 4-0 a favor das vascas (11-9, min. 20).

Carla Abad solicitou tempo morto para tratar de buscar solucións en ataque e, alomenos, freouse esa racha sen marcar. Pero a defensa vasca estaba moi activa, a parella arbitral permitía bastante e así chegou o descanso tres goles abaixo para ás nosas, nunha acción final na que Galicia puido poñerse a so un gol nunha contra moi rápida, pero a xogadora galega non puido atallar o balón e acto seguido, gol das vascas sobre a bucina (16-13).

Na saída á pista, Euskadi logrou escaparse de cinco tantos, pero esta Galicia nunca se rende e apertou os dentes en defensa e buscou espazos en ataque, con moitos movementos sen balón na zona central da defensa rival. Así logrou poñerse a dous tantos e volveu a meterse no partido, nuns intres nos que as dúas porteiras tamén aportaban. Faltaban quince minutos, pero nos momentos clave varias imprecisións en ataque foron decisivas para que Euskadi recuperase os cinco tantos de vantaxe e a confianza, e agora xa con pouco tempo por diante (22-27, min. 51).

Novo tempo morto de Carla e Galicia arriscou xogando con superioridade e a portería baleira, pero erros tontos aumentaban as distancias, mentres que a Euskadi lle saía todo, co convencemento de que o partido era delas.

Mañá, Madrid-Galicia (12:30 horas, postos do 5º ao 8º)

Cadete feminina. Galicia 40:10 La Rioja

40. Galicia: Irene Ríos, Paula Diéguez, Adriana Rial (5), Alejandra Montenegro (3), María Baz (4), Nerea Patiño (1), Irene Romero (1), Naihara Costas (4), Ainé Roca (5), Lucía Castiñeira (6), Uxía Fernández (2), Inés Bernárdez, Iria Augusto (3), Sara Pereira (3), Ángela Portela (2), Iria Benaches (1).

10. La Rioja: Yosune Caro, Irati Arina (1), Andrea Cristóbal, Edelweiss Saenz (1), Nerea Alonso, Nerea Pascual, Nerea Hernán, Letizia Sarasa (2), Amaia Cárcamo (1), Candela Fernández (1), Haizea Álvaro, Leire López (2), Yovanka Giménez (2), Alba Gil.

Árbitros: José Antonio Alcaide e José Manuel Chacón. Excluíron dous minutos a Ángela Portela, por Galicia e a Nerea Hernán, Letizia Sarasa e Amaia Cárcamo, por La Rioja.

Parciais: 3-1, 6-1, 11-3, 15-5, 18-5, 22-6 (descanso), 25-6, 29-7, 34-8, 40-10, 40-10, 40-10 (final)

Incidencias: Cuartos de final da Copa de España categoría Cadete Feminina.

Tremenda superioridade da selección galega cadete feminina no primeiro partido que disputou na Copa de España. Galicia non atopou rival en La Rioja e iso lle permitiu dar minutos a todas as xogadoras, xa pensando no partido das semifinais de mañá. Ao pasar de 30 goles de diferenza, se deixan de subir os tantos ao marcador, por iso a acta reflicte un 40-10, pero o resultado foi maior.

Mañá o combinado galego terá un cruce moito máis esixente, ante Castela e León.

Mañá, Castela e León- Galicia (12:30 horas, semifinais Copa de España)

Cadete masculina. Galicia 38:22 Extremadura

38. Galicia: David Failde, Pedro Fernández-Couto, Yago López (2), Pablo Veiga (3), Brais Martínez (5), Sergio Munín (3), Roi González (5), Eloy Domínguez (2), Yago Raimúndez (3), Xoán Fernández (2), Manuel Hernández (1), Samuel Seijas (5), Asier Vázquez (5), Adrián Rey (2), Manuel Lorenzo, Nico Giráldez.

22. Extremadura: Álvaro Escalera, David Melitón, Pablo González, Daniel Prado (5), Miguel Ángel González, Rubén Castro, Daniel Sánchez (2), Pedro Falero (2), Javier Moreno (2), Antonio Humanes (1), Óscar Llanos, Alejandro Saavedra (5), Miguel del Pozo (4), Iker Guerra (1).

Árbitros: Aimar Azkona e Miguel Rubio. Excluíron dous minutos a Sergio Munín, Roi Gonzñalez, Asier Vázquez e Adrián Rey, por Galicia e aos extremeños Daniel Prado e Iker Guerra.

Parciais: 4-3, 7-4, 12-6, 15-8, 18-9, 20-11 (descanso), 24-13, 27-14, 29-15, 33-17, 35-19, 38-22 (final)

Incidencias: Cuartos de final da Copa de España categoría Cadete Masculina.

Galicia foi moi superior a Extremadura nos cuartos de final da Copa, nun partido no que o máis complicado foi levantar o ánimo dos nosos xogadores despois do descenso á Copa.

Pero os rapaces saíron a competir e deron a cara en todo momento, cunha gran concentración nas tarefas defensivas. O corpo técnico encabezado por César Armán deu minutos a todos os seus homes e así, con confianza, afrontarán o choque de mañá ante Aragón, que será moito máis igualado.

Mañá, Aragón-Galicia (12:30 horas, semifinais Copa de España)

Xuvenil masculina. Galicia 36:21 Extremadura

36. Galicia: Mateo Pallas, Abián Rodríguez, Eduardo Alonso (4), Martín Fuentes (5), Gael Blanco (3), José Manuel Meira, Iago Iglesias (6), Pablo Gándara (5), Manu Pérez, Martín González (1), Julián García (3), Juan Rodríguez (4), Marko Ojeda, Carlos Ocaña (3), Sergio Blond (2), Nuno Loxo.

21. Extremadura: Alejandro Nevado (1), José Ortiz, Pablo Abril (2), Ángel Oliva (2), Alejandro Pajuelo (3), Pedro Raynaud, José Romero, Rubén Martín (1), Sergio Apolo (4), Víctor Pérez (4), Fernando García (1), Esteban Delgado (1), Diego Matamoros (1), Juan Antonio Hurtado (1).

Árbitros: Adrián Simo e Álvaro Padilla. Excluíron dous minutos a Martín González e Juan Rodríguez, por  Galicia e a Ángel Oliva e José Romero (3, descualificado no minuto 59:23) por Extremadura.

Parciais: 3-2, 7-4, 10-6, 13-8, 15-11, 17-14 (descanso), 22-15, 24-18, 25-19, 27-19, 32-20, 36-21 (final)

Incidencias: Cuartos de final da Copa de España categoría Xuvenil Masculina.

Cómodo triunfo da selección galega xuvenil masculina ante Extremadura, nun choque no que os galegos estiveron máis apáticos na primeira metade, para mellorar e moito no aspecto defensivo na segunda.

O equipo chegaba tocado no aspecto anímico polo descenso do día anterior, mentres que para Extremadura este partido era case un premio e esta diferencia mental apreciouse sobre a cancha. Galicia mandaba pero con distancias curtas e con pouco traballo defensivo. Na segunda metade saíron cun 5:1 en defensa e máis intensidade de pernas e as cousas melloraron e moito, dando minutos a todos os xogadores e encaixando só 7 tantos na segunda parte.

Mañá, Cantabria-Galicia (12:30 horas, semifinais Copa de España)

Infantil feminina. Hoxe non tiveron partido as nosas minigalaicas que xogarán mañá as semifinais da Copa de España contra Asturias.

Mañá, Galicia-Asturias (11:30, semifinais Copa de España)

Debes ser identificado introducir un comentario.