ÁS 00:00 ABRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA A XIRA GALEGA DE BALONMÁN PRAIA

“A Xira Galega de Balonmán Praia” levará o balonmán ás praias de Bueu e Moaña a través de 5 torneos e unha Fase Final:

  • I Torneo Mancomunidade Concellos do Morrazo Concello de Bueu (4 pistas). Do 29 de xuño ao 2 de xullo; participarán todas as categorías agás as xuvenís.
  • II Torneo Mancomunidade Concellos do Morrazo Concello de Bueu (2 pistas). Do 6 ao 9 de xullo; participarán todas as categorías agás as cadetes.
  • II Torneo Mancomunidade Concellos do Morrazo Concello de Moaña (2 pistas). Do 6 ao 9 de xullo; participarán todas as categorías agás as cadetes.
  • III Torneo Mancomunidade Concellos do Morrazo Concello de Moaña (4 pistas). Do 13 ao 16 de xullo; participarán todas as categorías agás as infantís.
  • IV Torneo Mancomunidade Concellos do Morrazo Concello de Moaña (4 pistas). Do 20 ao 23 de xullo; participarán todas as categorías agás as sénior.

A Xira Galega dará comezo o 29 de xuño na praia Banda do Río (Bueu) e se trasladará posteriormente á praia da Xunqueira (Moaña) ata o 25 de xullo, día no que os catro primeiros clasificados de cada categoría disputarán a Fase Final.

A gran demanda de participación, unida á dificultade loxística e ás limitacións de ocupación máxima dos areais provoca que cada torneo se celebre de xoves a domingo, que abarque un máximo de 7 categorías e un número limitado de equipos por cada unha delas:

  • Alevín Mixta: 16 equipos
  • Infantil Masculina: 14 equipos
  • Infantil Feminina: 14 equipos
  • Cadete Masculina: 12 equipos
  • Cadete Feminina: 12 equipos
  • Xuvenil Masculina: 8 equipos
  • Xuvenil Feminina: 8 equipos
  • Sénior Masculina: 12 equipos
  • Sénior Feminina: 8 equipos

* (O número máximo de equipos por torneo é froito da estimación realizada a través da preinscrición executada polos clubs interesados en participar na Xira Galega de Balonmán Praia; estes números poderán variar no caso de que haxa vacantes nalgunha das categorías).

Todos os clubs ou equipos interesados en participar na Xira Galega de Balonmán Praia deberán anotarse a través da páxina web da Federación Galega de Balonmán (Plataforma Misquad) entre as 00:00 horas de hoxe e ata o venres 23 ás 23.59 horas.

Esta iniciativa pretende que o balonmán praia esté presente durante o mes de xullo en forma de competición federada, pero que tamén dé a posibilidade de que calqueira persoa poida practicalo fóra dos horarios de competición; para iso, o estadio que montará a Federación Galega de Balonmán estará a disposición dos clubs para a celebración de adestramentos, campus, actividades de promoción, etc…; mais aló do que a propia federación vaia a organizar.

Dende o departamento de Balonmán Praia da Federación Galega de Balonmán chegouse a un acordo coa Federación de Andebol de Porto, para que os equipos galegos poidan por o colfón á tempada estival do 28 ao 30 de xullo acudindo de xeito gratuíto ao seu torneo.

Para mais información ao respecto da Xira Galega de Balonmán Praia e de todas as actividades relacionadas con esta modalidade, podedes porvos en contacto en: bmpraia@fgbalonman.com ou no teléfono: 986 410 618. Aquí podedes desrcargarvos o díptico informativo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *