A galega Yaiza Alonso (AD Carballal) forma parte da convocatoria de Pablo Perea, seleccionador das Guerreiras Xuvenís, para a primeira actividade que poderán realizar despois do parón provocado pola COVID-19. O combinado nacional estará concentrado do 27 de setembro ao 4 de outubro en Béjar (Salamanca).
Esta será a primeira semana de traballo das catro que hai previstas ata a disputa do Campionato do Mediterráneo, que se celebrará en Exipto a finais de novembro.
As xogadoras están convocadas o domingo 27 de setembro na estación de Atocha dende onde partirán en autobús en dirección a Béjar. Xunto a Yaiza teremos a outra galega: Carla Abad, que é a delegada desta selección.
Na seguinte ligazón tedes a convocatoria e o plan de traballo.
Noraboa Yaiza!!