OS DÍAS 22 E 23 DE DECEMBRO, CONCENTRACIÓN EN MONDARIZ DAS SELECCIÓNS GALEGAS PARA O CESA

Os días 22 e 23 de decembro as seleccións galegas celebrarán unha concentración en Mondariz para continuar coa súa preparación do Campionato de España de Seleccións Territoriais 2022.

A concentracion celebrarase no Hotel Cemar de Mondariz Balneario e os adestramentos realizaranse no Pavillón de Mondariz e o Pavillón Álvaro Pino de Ponteareas.

IMPORTANTE:

  • Tódolos xogadores e xogadoras adestrarán coa MÁSCARA OFICIAL. Os/as xogadores/as terán que pasar un TEST-COVID á chegada da concentración.
  • Achégase documento de AUTORIZACIÓN paterna/materna que deberá entregarse á chegada ao primeiro adestramento xunto co DNI en vigor e TARXETA SANITARIA (sen estes documentos non poderán adestrar).
  • PRÉGASE que se calquer xogador ou xogadora ten algunha intolerancia ou alerxia alimentaria, no lo fagan saber coa maior brevidade posible para poder encargar as comidas especiais.

A continuación tedes as convocatorias de todas as seleccións.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *