RUBÉN GONZÁLEZ, MARILUZ SANROMÁN, AURELIO BARREIRO E SHAILA BAUTISTA, AS PRINCIPAIS NOVIDADES NA NOVA XUNTA DIRECTIVA DA FGBM

A nova xunta directiva da Federación Galega de Balonmán reuniuse o pasado venres 21 de abril para trazar as principais liñas de traballo de cara os vindeiros catro anos de mandato. Bruno López comentou que aínda que a toma de posesión se realizou no mes de febreiro, a alta actividade na que está inmersa a Federación nos últimos meses non permitiu realizar unha xuntanza presencial en condicións: “levamos uns meses moi intensos nos que non nos podiamos permitir parar, aínda que xa estamos traballando para perfilar a nova estrutura directiva o prioritario é rematar a tempada do mellor xeito posible, a partir de xuño intensificaremos as reunións de traballo”.

Rubén González (ex-xogador, directivo e adestrador do Balonmán Lalín), Mariluz Sanromán (ex-traballadora da Federación Galega de Balonmán), Aurelio F. Barreiro (delegado federativo da RFEBM) e Shaila Bautista (perfecta coñecedora do balonmán base galego) son as principais novidades nunha xunta directiva, na que Carla Abad, Jesús Varela, Nacho Permuy e Fernando Mosquera ocuparán os cargos da vicepresidencia. Aínda que o grupo de traballo non está pechado definitivamente, Bruno López asegura estar moi contento coas novidades: “A idea era realizar un proxecto continuista pero con posibilidades dar un paso máis na mellora do balonmán galego. Temos ideas e proxectos ambiciosos, estou seguro que con este grupo de traballo mais algunha posible incorporación pendente máis, sairán adiante”.

A xunta directiva actualmente está formada por:
• Bruno López (Presidente)
• Jesús Varela – Vicepresidente e Responsable NNTT
• Carla Abad – Vicepresidenta e Responsable da Secretaría Xeral e
Formación
• Nacho Permuy – Vicepresidente e Responsable de Competicións
• Fernando Mosquera – Vicepresidente e Responsable de Servizos
Médicos e Mutualidade
• Patricia Sanmiguel – Tesoureira e Responsable de Administración
• Elena Estévez – Responsable Área Técnica Feminina
• Rubén González – Responsable Área Técnica Masculina
• Mariluz Sanroman – Responsable Balonmán Veterán
• Shaila Bautista – Responsable Balonmán Base
• Aurelio F. Barreiro – Responsable Área Arbitral
• Fernando Conde – Responsable Balonmán Praia
• Francisco J. Rodríguez “Chisco” – Responsable Loxística
• Mila Alonso – Responsable Prensa e Comunicación
• Ismael Gómez – Presidente Comité Competición
• Laura González – Presidenta Comité Apelación

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *