ENTRADAS FASE FINAL COPA E SUPERCOPA GALICIA 2021

As Fases Finais de Copa e Supercopa Galicia sénior disputaranse os días 3, 4 e 5 de setembro no Pavillón de O Gatañal en Cangas do Morrazo. Por mor da situación sanitaria que estamos a vivir e coas restricións actuais en materia
de aforo para instalacións deportivas, o número de entradas para a Copa e Supercopa Galicia será limitado. Para garantir unha maior rotación entre os/as asistentes, que todas as afeccións poidan desfrutar dos encontros dos seus equipos e cumprir coas medidas de prevención ante a Covid-19, achegamos a información relativa para a adquisición de entradas:


As entradas darán dereito a presenciar dous encontros, e estarán divididas do seguinte xeito:

-SEMIFINAIS COPA GALICIA MASCULINA (Venres 3 setembro)

-SEMIFINAIS COPA GALICIA FEMININA (Sábado 4 de setembro, quenda de
mañá)

-SEMIFINAIS SUPERCOPA GALICIA MASCULINA (Sábado 4 de setembro,
quenda de tarde)

-FINAIS COPA GALICIA (Domingo 5 de setembro, quenda de mañá)

-FINAIS SUPERCOPA GALICIA (Domingo 5 de setembro, quenda de tarde)


TIPOS DE ENTRADA:
• Individual. Prezo: 3€ as semifinais (+9 cts. de gastos de xestión) e 4€ as finais (+12 cts. de gastos de xestión), en todos os casos inclúen os dous encontros da mesma competición.
• Familiar (Adulto + Menor de 14 anos). Tan só terá custe para o adulto, o mesmo que a entrada individual, pero este tipo de entrada xerará un código QR para os dous asistentes.
*Todos os menores de 14 anos deben entrar acompañados dun adulto para o uso da entrada familiar.


COMPRA DE ENTRADAS:
As entradas poderán adquirirse a través do seguinte enlace:

Ao realizar o pago xa teredes a vosa entrada en formato código QR, o cal debedes amosar na entrada do pavillón. Poderán adquirirse entradas na taquilla do pavillón o mesmo día sempre e cando non se completa o aforo coa venta online.


HORARIOS FASE FINAL COPA E SUPERCOPA GALICIA:
Venres 3 de setembro
• 19:00 – Semifinal 1 Copa Galicia Masculina:
Forbe Reconquista de Vigo – Magope Seis do Nadal Coia
• 21:00 – Semifinal 1 Copa Galicia Masculina:
Granitos Ibéricos Carballal – Automanía Luceros


Sábado 4 de setembro
• 11:00 – Semifinal 1 Copa Galicia Feminina:
Rubensa Bm. Porriño – CDeC Lavadores
• 13:00 – Semifinal 2 Copa Galicia Feminina:
Bm. Samertolameu – SAR Rodavigo ou Bm Cañiza (Xógase 30/08/21)
• 17:00 – Semifinal 1 Supercopa Galicia Masculina:
F. Morrazo Bm. Cangas – Disiclín Lalín
• 19:00 – Semifinal 2 Supercopa Galicia Masculina:
Cisne Colegio Los Sauces – Acanor Atl. Novás Valinox


Domingo 5 de setembro
• 11:00 – Final Copa Galicia Masculina
• 13:00 – Final Copa Galicia Feminina
• 14:30 – Cerimonia Clausura Copa Galicia (entrega premios)
• 17:00 – Final Supercopa Galicia Feminina:
At. Guardés – Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño
• 19:00 – Final Supercopa Galicia Masculina:
• 20:30 – Cerimonia Clausura Supercopa Galicia (entrega premios)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *