CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación Provincial da Coruña publicou estes días dúas convocatorias de subvencións para entidades deportivas para a realización de actividades de fomento da actividade física e o deporte ou para a organización de grandes eventos deportivos, durante o ano 2021.

A primeira convocatoria é a do “Programa de subvencións a entidades da provincia, sen ánimo de lucro, para a realización de actividades de fomento da actividad física e do deporte durante o ano 2021”. O prazo para a presentación de solicitudes remata o 5 de marzo. Na seguinte ligazón tedes a convocatoria.

A segunda convocatoria é a do “Programa de subvencións a entidades deportivas sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de grandes eventos deportivos singulares de especial interese na provincia durante o ano 2021”. O 31 de marzo finaliza o prazo para a presentación de solicitudes. Na seguinte ligazón tedes toda a información ao respecto.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.