APERTURA PRAZO PRESENTACIÓN AXUDAS DGAN 2020

A Fundación Deporte Galego ven de publicar hoxe, 5 de outubro, no Diario Oficial de Galicia o anuncio da Convocatoria de Axudas a Deportistas Galegos de Alto Nivel 2020, baixo a denominación Convocatoria de AXUDAS DGAN 2020”e que se enmarca no plan de axudas á preparación dos/as deportistas galegos/as de alto nivel. 

Esta convocatoria conta nesta ocasión con seis tipos de axudas: Axuda DGAN 1, Axuda DGAN 2, Axuda DGAN 3, Axuda DGAN 4, Axuda DGAN 5 e Axuda DGAN 6, que serán asignadas segundo os resultados deportivos  acadados durante o ano 2019 (non se valorarán resultados acadados en anos anteriores ou posteriores) e que a Federación Galega poida acreditar posteriormente á solicitude.

As devanditas bases desta convocatoria están á vosa disposición na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal e na web http://deporte.xunta.gal. O prazo de presentación de solicitudes comeza mañá martes 6 de outubro e rematará o vindeiro martes 20 de outubro de 2020.

Como novidade da presente edición:

  • De cara a potenciar unha vez máis a colaboración con deportistas DGAN que compiten en modalidades/especialidades deportivas paralímpicas e de deporte adaptado, creouse por primeira vez unha nova liña de axudas a deportistas de apoio/deportistas guía (D.A.), naquelas modalidades/especialidades paralímpicas e deporte adaptado onde é necesaria a participación do deportista guía/apoio na propia competición.

Poderán solicitar axuda todos/as aqueles/as deportistas que estean ou estiveran recoñecidos pola Secretaría Xeral para o Deporte coma Deportistas de Alto Nivel nalgún momento dos anos 2019 e/ou 2020 (aínda que a día de hoxe non estea vixente o recoñecemento). Os interesados poderán cursar a solicitude de axuda de forma telemática, ademais de manter a liña tradicional de presentación presencial en formato papel.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *