PRETO DE CEN COLEXIADOS NO STAGE ARBITRAL DA FGBM 22/23

Esta fin de semana (de 26 a 28 de agosto) estase a celebrar na Estrada o stage arbitral da FGBM 22/23, no que están a participar preto de cen colexiados/as.

Están a ser uns días de convivencia e formación para o noso colectivo arbitral, no que os aspirantes (uns 40) están a aprender e moito dos “veteranos”, así como das charlas que recibiron estes días. Entre outros pasaron por alí, Alberto Rodríguez e Rafa García Mosquera (ex árbitros de Asobal), Nacho Moyano (adestrador do Frigorícos do Morrazo BM Cangas) e o presidente en funcións da Federación Galega de Balonmán, Bruno López. Houbo formación na sala, e tamén na pista e sen esquecer a realización das probas físicas previas ao inicio de tempada.

Dende a Federación Galega de Balonmán queremos dar as grazas a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), pola cesión das súas instalacións para a realización do stage arbitral., así como ao Concello da Estrada, pola súa colaboración.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *