ESTA FIN DE SEMANA, ADESTRAMENTO DAS SELECCIÓNS GALEGAS

O domingo 6 de febreiro catro das nosas seleccións galegas (infantil masculina e feminina, cadete e xuvenil femininas) terán sesión de traballo para seguir coa preparación do Campionato de España de Seleccións Territoriais.

O pavillón municipal do Porriño (pistas 1 e 2) acollerán os adestramentos das seleccións infantil e xuvenil femininas o domingo a partir das 17:00 horas. Ese mesmo día adestrarán as seleccións cadete feminina (17:00 horas) e infantil masculina (18:30) no Pavillón do Gatañal.

A continuación tedes as convocatorias e o plan de traballo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *