AD CARBALLAL E BRUNO THE ROCK BARBER´S BM CANGAS, CAMPIÓNS DA FINAL FOUR INFANTIL

AD Carballal (categoría feminina) e Bruno The Rock Barber´s BM Cangas (masculina) acadaron o triunfo na Final Four Infantil, que se disputou esta fin de semana no Pavillón do Tarrío de Culleredo. Con esta vitoria ambos equipos logran ademais a clasificación para os sectores nacionais.

Na categoría feminina, a igualdade foi máxima durante os dous días. As semifinais, ambas, decidíronse por só un gol. O AD Carballal superou á SAR Rodavigo nun partido que rematou co conxunto redondelán lanzando un 7 metros co tempo cumprido que podía darlle o empate no marcador, pero a parada de Iria acabou coa ilusión da SAR.

Pola súa banda, o Chapela venceu ao Asmubal Meaño, nun choque que tivo controlado, pero que se lle complicou nos instantes finais cunha gran remontada do Meaño que lle deu emoción a este tramo final.

Na final entre Carballal e Chapela houbo dúas partes ben diferentes. Na primeira dominou claramente o conxunto vigués e na segunda gran remontada do Chapela que logrou poñerse a só un gol a falta de minuto e medio para o final (24-23). Pero Olalla marcou o gol da tranquilidade para non sufrir en exceso e lograr a vitoria na Final Four.

MVP: Antía Fernández (BM Chapela)

Na categoría masculina, o Bruno The Rock Barber´s BM Cangas superou na semifinal ao campión da Liga Prata, o CP Lucense, que no puido coa forza do conxunto de Adrián Menduiña, que estivo moi regular durante os 50 minutos.

Na outra semifinal, o BM Culleredo Nosolomadera venceu ao BM Chapela, nun choque moi igualado durante os primeiros 35 minutos. A partir de aí, os locais abriron distancias para non sufrir no final.

E así, chegamos a final de hoxe, na que o BM Cangas arrancou moi ben o partido e o Culleredo foi sempre a remolque. Lograron remontar e empatar (9-9, min. 16), pero un tempo morto do Cangas cambiou as cousas e novamente escapouse o conxunto do Morrazo. Ao descanso, 14-11.

Na segunda parte, o Cangas tivo o control do partido a pesar do esforzo do conxunto local, que contaba co apoio da bancada, e o choque rematou cun 33-28 para o Cangas.

MVP: Gabri Señoráns (BM Cangas)

25 Comments to “ AD CARBALLAL E BRUNO THE ROCK BARBER´S BM CANGAS, CAMPIÓNS DA FINAL FOUR INFANTIL”

  1. Może to być denerwujące, gdy twoje relacje są zakłócone, a jej telefonu nie można śledzić. Teraz możesz łatwo wykonać tę czynność za pomocą aplikacji szpiegowskiej. Te aplikacje monitorujące są bardzo skuteczne i niezawodne i mogą określić, czy twoja żona cię oszukuje.

  2. Monitoruj telefon z dowolnego miejsca i zobacz, co dzieje się na telefonie docelowym. Będziesz mógł monitorować i przechowywać dzienniki połączeń, wiadomości, działania społecznościowe, obrazy, filmy, WhatsApp i więcej. Monitorowanie w czasie rzeczywistym telefonów, nie jest wymagana wiedza techniczna, nie jest wymagane rootowanie.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *