AMPLIADO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA AS AXUDAS DGAN

A Fundación Deporte Galego anunciou, a través do Diario Oficial de Galicia, que o prazo de presentación de solicitudes para a convocatoria de Axudas DGAN 2020 foi ampliado ata o vindeiro martes día 27 de outubro.

Esta convocatoria para Deportistas Galegos de Alto Nivel  (DGAN) conta con seis tipos de axudas: Axuda DGAN 1, Axuda DGAN 2, Axuda DGAN 3, Axuda DGAN 4, Axuda DGAN 5 e Axuda DGAN 6, que serán asignadas segundo os resultados deportivos  acadados durante o ano 2019 (non se valorarán resultados acadados en anos anteriores ou posteriores) e que a Federación Galega poida acreditar posteriormente á solicitude.

As devanditas bases desta convocatoria están á vosa disposición na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal e na web http://deporte.xunta.gal


Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *