AXUDAS DGAN 2021: LISTAXE PROVISIONAL

A Fundación Deporte Galego publicou na páxina web https://deporte.xunta.gal/gl/convocatorias/listaxe-provisional-axudas-dgan-2021 a Listaxe provisional de solicitudes admitidas, con documentación incompleta e que non cumpren co apartado 3 (Persoas Beneficiarias), da Convocatoria de Axudas a Deportistas de Alto Nivel “Axudas DGAN 2021”.


No caso das solicitudes pendentes de documentación, terán ata o xoves 23 de decembro para poder presentar os documentos requiridos accedendo á Carpeta do Cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (presentación telemática), no Rexistro da Fundación Deporte Galego ou en calquera rexistro oficial previsto no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *