BM CANGAS E CISNE XOGARÁN A FINAL DA COPA GALICIA 2019

Frigoríficos do Morrazo BM Cangas e Club Cisne Colegio Los Sauces tentarán mañá 1 de setembro (20:00 horas, TVG-2) acadar o título na Copa Galicia 2019. Ambos conxuntos venceron hoxe en Lalín nas súas respectivas semifinais, en dous competidos e fermosos partidos.

A primeira das semifinais enfrontou a BM Cangas e Rodosa BM Chapela, con triunfo final para o conxunto de Asobal por 29-26. O equipo dirixido por Nacho Moyano foi por diante no marcador durante todo o partido, pero o Chapela nunca deixou de loitar.

Na segunda semifinal houbo derbi pontevedrés, con Teucro, que defendía o título da Copa Galicia do pasado ano, e Cisne como protagonistas. Foi un entretido encontro, con variantes no marcador, pero que finalmente se decidiu a favor do Cisne (32-29).

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *