BRUNO LÓPEZ, ÚNICO CANDIDATO Á PRESIDENCIA DA FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

Bruno López Molina é o único candidato á presidencia da Federación Galega de Balonmán, unha vez pechado o prazo de presentación de candidaturas.

Toma posesión membros electos Asemblea FGBm.

A Xunta Electoral recibiu o escrito da toma de posesión e aceptación do cargo como membros da Asemblea Xeral da FGBm. polos estamentos de clubs, xogadores/as, adestradores/as e árbitros/as e confirmou a súa validez.

Proclamación provisional candidatos á Presidencia da Federación Galega de Balonmán

Así mesmo a Xunta Electoral confirmou a presentación da candidatura de Bruno López Molina, cos avais correspondentes, e confirmou a validez da mesma. Poderán presentarse reclamacións a Xunta Electoral do 20 ao 25 de outubro, a través do enderezo electrónico xuntaelectoral.fgbalonman2022@fgbalonman.com

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *