Hoxe tivo lugar a presentación do evento, que vai ser o preludio do sector nacional cadete e da fase de ascenso a Primeira Nacional Masculina, que se disputarán nas vindeiras semanas.
Esta maña celebrouse no Concello de Culleredo a presentación da Final Four Infantil Masculina e Feminina, que se disputará esta fin de semana no Pavillón do Tarrío, coa participación de oito equipos que loitarán por acadar unha praza no sector nacional (masculino e femenino). No acto informativo participaron o alcalde de Culleredo José Ramón Rioboo; o concelleiro de Deportes Miguel Suárez; o presidente da FGBm, Bruno López; e en representación do Culleredo, club organizador, o director deportivo Fernando Vázquez e o directivo Jacob Canedo.
Na presentación, tanto o club como a federación, destacaron que este novidoso formato permite ter aos equipos metidos na competición ata o remate, ao existir esa opción de alcanzar os sectores nacionais. Ademais, esta Final Four vai ser “teloneira” de dous fantásticos eventos para o Culleredo que terán lugar das vindeiras semanas: O sector nacional cadete masculino e a fase de ascenso a Primeira Nacional Masculina, que vai disputar o club local e que se van celebrará en Culleredo.
Final Four Infantil
Na categoría masculina participarán BM Culleredo Nosolomadera, BM Chapela, Bruno The Rock Barber´s BM Cangas e o CP Lucense (campión da Liga Prata que logrou a clasificación para a Final Four). E na femenina loitarán por esa praza nos sectores nacionais SAR Rodavigo, BM Chapela, Carballal e Asmubal Meaño (campión da Liga Prata e tamén clasificado para esta fase). O sábado celebraranse as semifinais e o domingo, as loitas pola terceira e cuarta praza e as finais.
CALENDARIO
Sábado 6 de maio (Pavillón do Tarrío)
– 11:30 | SEMI FEMININA: A.D. CARBALLAL BALONMAN – SAR RODAVIGO
– 13:00 |: SEMI MASCULINA: BRUNO THE ROCK BARBER’S BM. CANGAS – CP LUCENSE
– 16:30 | SF. BALONMAN CHAPELA – ASMUBAL MEAÑO
– 18:15 | SM: BM CULLEREDO NOSOLOMADERA – CHAPELA
Domingo 7 de maio (Pavillón do Tarrío)
– 11:30 | Terceiro e cuarto posto feminino
– 13:00 | Terceiro e cuarto posto masculino
– 17:00 | Final feminina
– 18:15 | Final masculina
– 19:45 | Entrega de trofeos