ESPECTÁCULO E SOLIDARIEDADE NO ALL STAR DO BALONMÁN GALEGO

Espectáculo do bo, solidariedade, compañeirismo… Así podemos resumir a xornada de hoxe do All Star do balonmán galego, que se celebrou no pavillón A Casqueira de Pontedeume, organizada pola Federación Galega de Balonmán en colaboración co Concello de Pontedeume. Ademais, o All Star foi un evento benéfico a favor de Cáritas Pontedeume, no que se coidaron todos os detalles para garantir a seguridade e a protección ante a COVID-19.

Foi unha tarde chea de grandes momentos. Comezamos cos concursos, nos que os nosos protagonistas non escatimaron nin espectáculo, nin compañeirismo. Olvidáronse as rivalidades entre equipos, para unirse un día adicado ao xogo e o espectáculo. E iso foi o que nos ofreceron as e os nosos protagonistas.

No concurso de lanzamentos impuxéronse Aarón Seoane (Granitos Ibéricos Carballal) e Alba Alfonso (Balonmán Saeplast Cañiza); mentres que no de habilidade venceron Cristóbal González (Distevi Seis do Nadal) e Cynthia Bello (AD Carballal). O terceiro concurso foi o de 7 metros, con vitoria de Raquel Santos (BM Chapela) e Mario Crecente (Balonmán Culleredo).

E para rematar, o All Star mixto, cunha mestura de xogadores e xogadoras galegas, no que non importaba o resultado, a pesar de que os dous equipos loitaron ao máximo por ofrecer espectáculo e deleitarnos con goles incribles. Quen gañou? Gañou o balonmán galego!

Debes ser identificado introducir un comentario.