ESTA FIN DE SEMANA CELEBRARASE EN CARBALLO A FINAL FOUR DAS LIGAS OURO E PRATA INFANTIL MASCULINA

Esta fin de semana (29 e 30 de maio) celebrarase no Pavillón Vila de Noia a Final Four das Ligas Ouro e Prata Infantil Masculina.  Hoxe celebrouse na casa consistorial de Carballo o acto de presentación deste evento, coa participación do concelleiro de Deportes, Marcos Trigo; o concelleiro de Turismo, Xosé Regueira, o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López, e o vicepresidente de Escolas Balonmán Xiria, José Antonio Rodríguez.

O sábado celebraranse as semifinais e o domingo disputaranse as finais e a loita pola terceira posición. Na Liga Ouro os clubs participantes son Culleredo Sutenor, Cisne Colegio Los Sauces, Garaysa Xiria  e Abegondo F40, que loitarán polo título galego, así como polas tres prazas en xogo para a disputa das fases estatais. Na prata os participantes son Embutidos Lalinense, Carballiño, Club Balonmán Atlántico  e Acanor Novás Valinox, que tratarán de acadar o título nesta Liga.

Este será o segundo evento que se celebre en Carballo neste mes de maio, trala organización das Final Four Deputación da Coruña de 1ª Autonómica Masculina e Feminina, e que será a antesala da fase de ascenso á División de Honra Prata Masculina que se celebrará a vindeira fin de semana. O presidente da Federación Galega destacou o apoio do Concello de Carballo ao balonmán galego e de forma moi especial por parte de Turismo Carballo.

*A continuación tedes a programación da Final Four.

PROGRAMA DO EVENTO

SÁBADO 29 DE MAIO (PAVILLÓN VILA DE NOIA)

SEMIFINAIS LIGA OURO

12:30   Culleredo Sutenor – Cisne Colegio Los Sauces

19:30   Garaysa Xiria – Abegondo F40

SEMIFINAIS LIGA PRATA

16:00   Embutidos Lalinense – Carballiño

17:45  Club Balonmán Atlántico – Acanor Novás Valinox

DOMINGO 30 DE MAIO (PAVILLÓN VILA DE NOIA)

3º E 4º POSTO

11:15   Liga Prata

13:00   Liga Ouro

FINAIS

16:30    Liga Prata

18:15   Liga Ouro

CERIMONIA ENTREGA TROFEOS

20:15

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *