ESTELA DOIRO E CECILIA CACHEDA, NA CONCENTRACIÓN DAS GUERREIRAS «OBXECTIVO 2021»

As galegas Estela Doiro e Cecilia Cacheda están convocadas para participar na concentración das Guerreiras «Obxectivo 2021», que se celebrará en Torrelavega do 30 de novembro ao 6 de decembro. Ademais, tamén acudirá á chamada a xogadora alicantina do Guardés Paula Arcos.

A última concentración do programa «Obxectivo 2021» celebrouse no mes de setembro en Granollers, e na mesma xa participaron Cecilia e Estela. O obxectivo deste proxecto, que arrincou en setembro de 2018, é realizar un traballo específico con xogadoras que están na órbita do combinado nacional, pensando no Campionato do Mundo de España 2021.

As xogadoras están citadas o 30 de novembro en Santander, para dende aí trasladarse ata Torrelavega, onde estarán concentradas toda a semana.

Na seguinte ligazón tedes a convocatoria e o plan de traballo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *