A Real Federación Española de Balonmán anunciou a concesión dunha praza adicional para a Federación Galega de Balonmán para os sectores estatais da categoría xuvenil masculina. Desta forma, Galicia estará representada nesta categoría por tres equipos.
Así, os dous equipos que superen as semifinais na Final Four Xuvenil Masculina, que se celebrará esta fin de semana en Cangas, xa terán confirmada a súa clasificación, e se sumarán ao campión galego (Club Cisne Colegio Los Sauces).
No caso da categoría xuvenil feminina, só acadará a clasificación para o sector nacional o equipo que se proclame campión nesta Final Four, xunto co campión galego (BM Porriño).
Thanks for sharing. I read many of your blog posts, cool, your blog is very good.