A Federación Galega de Balonmán mudou a súa imaxe corporativa en xullo de 2019. O logo antigo, creado no momento da fundación da Federación en 1985, xa estaba un pouco anticuado, e agora apóstase por unha imaxe moi moderna e potente, con multitude de aplicacións e cun gran significado: Levar o balonmán a todos os puntos de Galicia.
Feita «simplemente» a través da tipografía coas cores azul claro e marino reúne nun logotipo os conceptos de balonmán e Galicia coa maior limpeza posible.
Aquí tedes o manual de imaxe corporativa, para que poidades utilizala da forma correcta.