IRIA BENACHES PARTICIPARÁ NAS XORNADAS DE TECNIFICACIÓN DA XERACIÓN 2006/07

A galega Iria Benaches (BM Porriño) foi convocada pola Área Técnica da Real Federación Española de Balonmán para as xornadas de tecnificación da Xeración 2006/07 que se celebrarán en Íscar (Valladolid) do 3 ao 9 de outubro.

Cristina Cabeza, seleccionadora das Guerreiras Promesas, vai ser a encargada de dirixir a actividade, na que participarán un total de 28 xogadoras.

A continuación tedes a convocatoria e o plan de traballo para esta actividade.

Noraboa Iria!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *