LOITO NO BALONMÁN GALEGO POLO FALECEMENTO DE PEDRO BERMÚDEZ

Hoxe é un día triste para o balonmán galego, porque temos que despedir a un dos nosos. Pedro Bermúdez Calvo, afeccionado e amante do noso deporte, foi membro da nosa familia dende moi novo e en diferentes áreas. Comezou xogando no Colexio Peleteiro e colaborou cos clubs Conxo, Xallas e BM Cangas, no que actuou como delegado. Ademais foi árbitro territorial e auxiliar de mesa, ata que a enfermidade lle impediu exercer. Pero sempre, ata o último momento, estivo pendente do balonmán galego e foi un colaboradora incansable da FGBm.

Os restos mortais de Pedro están a ser velados no Tanatorio Municipal de Santiago de Compostela Boisaca (sala 1) e mañá 9 de marzo ás 18:15 horas celebrarase unha misa na capela do tanatorio. Así mesmo realizase un funeral o sábado 11 de marzo (17:00 horas) na Igrexa Parroquial de Santa Cruz de Rivadulla (Vedra).

A Federación Galega de Balonmán quere mandarlle unha forte aperta á súa familia e amigos nestes duros momentos e dicirlles que Pedro estará sempre vivo nos nosos recordos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *