MAÑÁ 8 DE MAIO, CHARLA SOBRE COMO “PREVER E TRATAR AS LESIÓN DURANTE E DESPOIS DA CUARENTENA”

O venres 8 de maio (17:30 horas) celebrarase unha charla-coloquio a cargo dos servizos médicos da Federación Galega de Balonmán que tratará sobre “como prever e tratar as lesión durante e despois da cuarentena”.

Na charla, que será retransmitida polo canal youtube da federación e a través de Facebook, o xefe dos servizos médicos da Federación, Fernando Mosquera, contará coa participación do doctor Miguel Ángel López  Vázquez,  xefe de servizo do Rehabilitación do Hospital Povisa, cunha ampla experiencia en Medicina deportiva; e de Marga  Sobrido,  especialista en fisioterapia do deporte e con ampla experiencia en tratamento en deportistas de elite e olímpicos. Durante a videoconferencia estableceranse unha serie de recomendacións e pautas para o regreso ao exercicio ao aire libre despois de máis de corenta días de confinamento polo coronavirus. 

Tanto tempo parados obríganos a tomar unha serie de pautas para non atoparnos con sorpresas desagradables en forma de novas lesións. Tentarémosvos aconsellar para previr  esas  lesións así como poder tratar as que se produciron durante esta corentena.

Debes ser identificado introducir un comentario.