MAÑÁ ABRIRASE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA UN CURSO ONLINE DE MONITOR DE BALONMÁN NIVEL 1

Este momento de descanso pola paralización das competicións pola crise do COVID-19, pode ser o mellor para formarte. Así, a Federación Galega de Balonmán abre, a partir de mañá 15 de marzo, o prazo de inscrición para un curso de monitor de balonmán nivel 1 que se realizará online, aínda que haberá dous días de clases presenciais.

Podedes consultar toda a información no seguinte enlace.

Coa realización deste curso federativo de monitor/a de balonmán nivel 1, o alumnado adquirirá os coñecementos necesarios para obter a titulación federativa e poder adestrar nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete.

O prazo de inscrición vai do 15 ao 22 de marzo e a clase práctica e o examen celebraranse en Santiago de Compostela.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *