O 12 DE XUÑO, ASEMBLEA ORDINARIA DA FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

O domingo 12 de xuño celebrarase no salón de actos do Edificio das Federacións Deportivas (R./ Luis Ksado, 17 – Vigo) a asemblea ordinaria da Federación Galega de Balonmán, á que se poderá asistir de xeito presencial ou telemático. A asemblea está convocada ás 15:30 horas (1ª convocatoria) e ás 16:00 horas, en segunda.

A continuación tedes a orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Saúda do Presidente
  2. Informe dos acordos adoptados na Asemblea da RFEBM.
  3. Análise e datos relevantes da tempada 2021/2022
  4. Seguro deportivo.
  5. Informe económico: Aprobación contas 2021
  6. Propostas presentadas.
  7. Rogos e preguntas.

A continuación, tedes o documento para autorizar a representación na asemblea.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *