O balonmán galego despide no día de hoxe con moita dor a Ramón Collazo, “Moncho” ou “Chino” para todos os seus amigos/as. Moncho Collazo foi un referente na arbitraxe galega e española e un excelente compañeiro durante toda a súa vida no balonmán.
Na tempada 56/57 comezou como árbitro provincial e na campaña 61-62 logrou a categoría de árbitro nacional. Foi ascendendo ata que no ano 1973 foi nomeado árbitro internacional IHF en recoñecemento a súa excepcional traxectoria. Ademais, foi directivo do Comité Nacional de Árbitros e do Comité Galego, así como membro da xunta directiva da Federación Galega de Balonmán xunto a José Luis Pérez Ouro como presidente.
Dende a Federación Galega de Balonmán queremos facer chegar a súa familia e amigos/as o noso apoio e cariño nestes duros momentos que están a vivir.
Sala 4 do Tanatorio Vigomemorial, misa mañá 14 de abril (17:45 horas) no tanatorio e despois incineración.