O BALONMÁN GALEGO XOGARÁ SEN PÚBLICO ATA O 18 DE XANEIRO

A raíz do actos de violencia acontecidos a pasada fin de semana, e tras a reunión mantida entre os clubs, o colectivo arbitral e a xunta directiva da Federación Galega de Balonmán; o balonmán galego consensuou coma primeira medida de concienciación contra a violencia, que todos os encontros oficiais de balonmán autonómico que se vaian celebrar ata o 18 de xaneiro de 2025, se disputen sen presenza de público.

Varios clubs galegos de categoría nacional xa amosaron a súa intención de apoiar esta inicitativa, que busca sensibilizar a toda a masa social da responsabilidade conxunta e da importancia de actuar en bloque contra unha  lacra que ven aumentando de xeito preocupante nos últimos anos. Ademais, a decisión de xogar a porta pechada, tamén trata deprovocar unha reacción nas institucións competentes para que se cree unha regulación contundente que ampare a todos os estamentos do noso deporte ante situacións tan preocupantes e perigosas coma a que se viviu este domingo no encontro de categoría cadete feminina entre o Sanxenxo Balonmán e o Rasoeiro.

“Non queremos que a seguridade no noso deporte sexa un problema; non queremos que se normalicen os insultos; as protestas ou as agresións; non queremos que ninguén teña que expor a súa integridade física para evitar sucesos tan preocupantes coma o acontecido; non queremos ter que educar a persoas adultas; non queremos ter que esixir sentido común e respecto. Tan só buscamos a formación e desfrute dos nosos federados e federadas, e de toda esa xente que acude aos pavillóns consciente de que somos o exemplo a seguir para a nosa xuventude”.

O balonmán galego pide o apoio do balonmán nacional, de todas as insitucións e afeccionados/as, para que este suceso non quede no olvido e supoña o cambio tan necesario que todos e todas estamos desexando para o noso deporte.

Nin unha víctima máis!

#AsiNon #BalonmánGalego