O CONCELLO DA ESTRADA ACOLLERÁ O STAGE ARBITRAL DE PRETEMPADA E O INICIO DA ACTIVIDADE DAS SELECCIÓNS GALEGAS DE BALONMÁN DE CARA AO CESA 2024

Esta fin de semana o concello da Estrada será o centro de operacións da Federación Galega de Balonmán.

O Pavillón de deportes Manuel Coto Ferreiro e as instalacións da Escola Galega de Seguridade Pública acollerán o Stage Arbitral de pretempada e o inicio das preselección galegas de balonmán, de cara ao inicio da tempada 23-24 e á configuración das seleccións galegas das diferentes categorías.

O sábado 19 mais de cen membros do colectivo arbitral recibirán as directrices básicas para unificar criterios de cara á nova tempada, ademais poderán realizar as probas físicas, os test de regras de xogo, tamén asistir ás diferentes charlas e sacar a foto oficial. O programa distingue tres colectivos: árbitros/as, aspirantes e anotadores/as-cronometradores/as:

O mesmo sábado, as preseleccións cadete masculina e xuvenil feminina realizarán unha dobre sesión que marcará o inicio do traballo de cara ao CESA 2024, e o domingo será o turno das categorías infantís e cadetes; a planificación realizada pola Área Técnica da Federación Galega de Balonmán para as seleccións galegas de balonmán é a seguinte:

O CESA 2024 celebrarase en Cataluña entre o 2 e o 7 de xaneiro de 2024.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *