O DOMINGO 24 DE NOVEMBRO, ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O domingo 24 de novembro (ás 11:00 horas) comezará no Monte do Gozo a VII Andaina contra a violencia de xénero «Camiño ao respecto», co gallo da celebración do Día Internacional contra a violencia de xénero (25 de novembro).

Este acto está encadrado dentro das liñas de actuación a desenvolver, ao abeiro do convenio asinado entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Secretaría Xeral da Igualdade, para levar a cabo as medidas previstas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

A Secretaría Xeral para o Deporte invita a todo o deporte galego a participar neste evento para consolidar a campaña do NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO, iniciada no pasado mes de marzo. Para participar é necesario que cubrades o formulario deste enlace http://www.andainaigualdadexunta.gal

Saída: 11.00 h. Punto de Información do Monte do Gozo

Chegada: 12.30 h. Praza do Obradoiro

Acto final na Praza do Obradoiro coa lectura dun manifesto contra a Violencia de Xénero.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *