Case sen tempo de saborear a vitoria contra o Zubileta Evolution- Bm. Zuazo, a expedición do Guardés subiuse ao avión en Vigo o xoves á primeira hora da mañá para enfrontar este domingo 14 de febreiro o primeiro asalto aos cuartos de final da EHF European Cup contra o HC Galychanka ucraíno.
Tocou facer escala en Madrid e ás seis da tarde poñer rumbo a Istambul. Tras facer noite na capital turca, xogadoras, corpo técnico e demais membros da expedición guardesa tiveron un pequeno revés na tarde de onte. Xa no aeroporto turco recibiron a notificación de que o voo que debía levalos a Ucraína fora cancelado debido ao mal tempo no aeroporto de destino.
Finalmente, o avión puido saír o venres pola mañá e as galegas puxeron un pé en Ucraína para ver in situ o temporal de frío e neve: Leópolis recibiunas con -10 grados centígrados e unha cidade completamente branca pola neve. A viaxe, en tempos de covid-19, está marcado pola realización de probas de detección de coronavirus. Superáronse con éxito antes de iniciar a viaxe e agora xa toca esperar aos resultados das feitas esta mañá nada máis chegar ao hotel para poder afrontar con garantías a viaxe de regreso. Tamén haberá que pasar unha proba de antígenos para confirmar a disputa do partido de mañá domingo contra o HC Galychanka (13 hora española). Curiosamente a tradución ao español do Galychanka é Galicia!
Prades puido levar a terras ucraínas a todas as xogadoras dispoñibles – unicamente quedouse na Guarda Martina Mazza-. Agora a prioridade é poder descansar, soltar pernas esta tarde cunha lixeira sesión de adestramento e completar a preparación do choque de mañá con vídeo para medirse a un equipo que vai líder da súa competición e que Prades atopa “duro” tras comprobar que “na liga ucraína non ten rival. A primeira liña é moi efectiva, con lanzamento e buscando a un pivote moi móbil. Ademais son rápidas e moi ordenadas en defensa. Saben moi ben a que xogan e seguro que será un partido duro”, vaticina o técnico.
IDA 1/4 de final da EHF European Cup | HC Galychanka – Club Bm. Atlético Guardés | Domingo 14 de febreiro ás 13 CET, Árbitros: Andrzej Chrzan e Michal Janas (POL).
Streaming:
https://www.youtube.com/watch?v=_McUm_NB-EU&feature=youtu.be
Agri Diyadin Seo Hizmeti
ремонт айфона на дому в москве
İzmir Antika Halı Alanlar
izmir antikacı
İzmir Antika Saat Alım Satım
İzmir Antika Halı Kilim Alım Satım
услуги по ремонту айфонов
сервис по ремонту телефонов