O PORRIÑO, SEDE DA FASE FINAL DO CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE MASCULINO

O Porriño será a sede da Fase Final do Campionato de España Cadete Masculino, que se celebrará do 16 ao 20 de xuño coa participación dos oito mellores clubes de España. Por outra banda, o Campionato Cadete Feminino, no que tamén participará o conxunto do Porriño, disputarase en Elche, nestas mesmas datas.

A Real Federación Española de Balonmán anunciou hoxe as sedes e ademais tamén realizouse o sorteo para formar os diferentes grupos.

A fase de grupos en categoría cadete masculino quedou configurada así:

  • Grupo I | Balonmano Delicias Play 360, Grupo IMQ, Barça, Balonmano Porriño
  • Grupo II | Zaisa Bidasoa Irún, KH-7 Grannollers, Cajasur Córdoba, Fertiberia Puerto Sagunto

Na categoría cadete feminina, os grupos quedaron formados da seguinte forma:

  • Grupo I | Elche Café Musetti, Balonmano Roquetas, Handbol Terrassa – Llegums Paquita, Centro Deportivo Vallecas
  • Grupo II | Balonmano Porriño, Handbol Onda, Surjet Montequinto Ciudad de Dos Hermanas, Handbol Sant Joan Despí.

Debes ser identificado introducir un comentario.