OS HISPANOS, QUE PREPARARÁN OS XOGOS EN SANXENXO, XOGARÁN DOUS PARTIDOS EN VIGO E PONTEVEDRA

Hoxe celebrouse unha rolda de prensa telemática na que participaron  a presidenta da Deputación, Carmela Silva, o presidente da Española, Francisco Blázquez, e o presidente da Galega, Bruno López, na que anunciaron que o 27 de xuño España xogará contra Croacia en Pontevedra e o día 10 de xullo en Vigo ante Portugal.

Os Hispanos realizarán a súa preparación para os Xogos de Tokyo na provincia de Pontevedra (Sanxenxo), onde disputarán ademais dous partidos amigables: O día 27 de xuño enfrontaranse a Croacia en Pontevedra e o 10 de xullo a Portugal en Vigo.

Hoxe celebrouse unha rolda de prensa telemática na que participaron a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; o presidente da Real Federación Española de Balonmán, Francisco Blázquez; o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López, e o deputado de Deportes, Gorka Gómez, na que se anunciou a celebración desta concentración, e a disputa destes dous partidos.

A presidenta da Deputación agradeceu públicamente aos presidentes da Española e da Galega o cumprimento da palabra dada hai dous anos, cando se celebrou o Mundial Júnior, xa que nese intre prometeuse que os Hispanos xogarían en Pontevedra e “hoxe o están a cumprir, e para min o cumprimento da palabra dada ten moito valor”.

O presidente da Española explicou que haberá dúas fases de concentración, a primeira do 22 ao 30 de xuño e a segunda do 5 ao 11 de xullo, nas que se xogarán varios partidos preparatorios e explicou que elixiron Galicia, por esa palabra dada, en recoñecemento ao bo traballo da Federación Galega e tamén porque o clima é o máis parecido dentro de España do que se van a atopar en Tokyo.

Pola súa banda, o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López, agradeceu a apoio da Deputación Provincial, tanto a nivel de grandes eventos como de deporte base, á Española pola súa aposta polo balonmán galego para “albergar eventos desta entidade” e aos concellos de Vigo e Pontevedra, que “nos van ceder unhas instalacións históricas para o balonmán galego”. Nos vindeiros días irase informando sobre horarios, localidades, aforos e demais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *